Nota del Editor: Nuestros compañeros gallegos lo resumen perfectamente
"
O día 12 de Novembro os representantes do Consello de Colexios de Enxeñaría Técnica en Informática de España -CONCITI-, do Consello de Colexios de Enxeñaría en Informática de España -CCII- , a -onferencia de Decanos e Directores de Centros Universitarios de Informática de España -CODDI-, e a Asociación Nacional de Estudantes de Enxeñarías en Informática -RITSI- foron convocados de urxencia por D Felipe Pétriz, Director Xeral de Universidades do Ministerio de Ciencia e Innovación para buscar unha solución a problemática das Enxeñarías en Informática.
Acordado un prazo de 48 horas para recibir unha proposta por parte do Ministerio a resposta recibida presentaba unha proposta que nos distintos comunicados de CONCITI, CCII e CODDI considérase como claramente insuficinte, non dotada dun marco temporal, nin respaldada por unha orden ministerial ou Real Decreto. Estas entidades por tanto recalcan a necesidade de establecer, como único camiño posible, a regulación inequívoca da profesión dacordo a lexislación vixente.
Resposta do Ministerio
O Ministerio vincula a solución no ámbito profesional -a regulación da profesión- á transposición da Directiva de Servicios, así como expresa a súa vontade no ámbito académico de someter ó Consello de Universidades unha proposta de acordo marco para que este acepte que as memorias de solicitude de verificación de títulos das Enxeñarías en Informática teñan unhas esixencias análogas ó resto de enxeñarías. Resposta íntegra:
[Leer nota completa]Resposta de CONCITI
CONCITI, recibida a proposta considera que esta é insuficinte, non dotada dun marco temporal nin normativo que sustente as proposta no ámbito académico, ademáis de non dar solución no ámbito profesional. Por tanto reitera o seu apoio ás movilizacións do día 19N. Así CONCITI recorda:
No ámbito profesional: a necesidade de que se cumpla a lexislación vixente, elaborando un Real Decreto a aprobar en Consello de Ministros, que actualice a Lei 12/86 coa referencia explícita á Enxeñaría Técnica en Informática, como medida provisional ate a transposición da Directiva de Servizos e que solventaría a problemática tanto no ámbito profesioal como académico; a necesidade de que se cumpla a Lexislación de Colexios Profesionais co obxecto de darlle figura xurídica ó Consello de Colexios Profesionais de Enxeñaría Técnica en Informática de España, e que permitirá que a profesión teña a voz que a Lei lle otorga.
No ámbito académico: a necesidade de paralizar a asignación de competencias propias das Enxeñarías en Informática a outras titulacións que non son deste ámbito; a necesidade de que se tomen medidas reais e efectivas para que os títulos de Grao e Máster teñan o mesmo trato que o resto das enxeñarías.
Comunicado completo: [Leer nota completa]
Resposta da CODDI
A CODDI agradece o esforzo por buscar unha solución ó Ministerio de Ciencia e Innovación, aínda que considera que a proposta no ámbito académico sin unha orde ministerial que a respalde sería completamente ineficaz. Ademáis destaca que a solución ó problema debería pasar por actualizar a Lei 12/86 que solventaría así a problemática no ámbito académico e profesional, sendo unha medida transitoria ata a aprobación da Directiva de Servizos, ademáis de respetar e dar cumprimento á lexislación vixente.
COMUNICADO DE LA CODDI
Conferencia de Decanos y Directores de Centros Universitarios de Informática 16 de noviembre de 2008
[Leer nota completa]Resposta do CCII
O CCII considera a proposta insuficinte e continúa a reclamar a regulación
Comunicado do CCII: [Leer nota completa]
"
Estos comunicados íntegros, junto con más documentación, los podeis encontrar en nuestra sección: Manifiestos de Apoyo